Ledicia Costas

Nacín unha tarde de setembro. De pequena o que máis me gustaba era ler, arrincarlle os cables ás bonecas e visitar cemiterios.
Gústanme as historias de meigas, pantasmas e mortos.

Non sei cantas historias me quedan por escribir. Agardo que varias ducias. A miña intención é seguir dando o mellor de min en cada libro. Porque as mellores historias son as que se escriben coa cabeza pero, sobre todo, co corazón.

Ledicia Costas, gañadora da XX edición do Premio de Poesía Afundación

Ledicia Costas gaña, co poemario Ultraluz e baixo o lema Kodama, a XX edición do Premio de Poesía Afundación. O xurado considerou que este libro de poemas é «un exercicio de claridade e autenticidade poética cunha decidida vontade de achegar os mundos fantásticos ao noso bosque, logrando unha interacción entre as referencias ao anime e á ciencia ficción. Hai unha interpelación ao lector como axente activo convidándoo a entrar nese mundo de frescor infantil que mestura o abraio e o sombrizo».

Ai, que risa! Os Minimortos

Xa está dispoñible nas librarías a nova entrega de Os Minimortos.

O oso Penoso non está a pasar o seu mellor momento. Nunca foi a alma da festa, pero agora está triste de verdade. Para tentar animalo, os Minimortos deciden multar a todos os habitantes do Outro Barrio que digan cousas que sexan o contrario de alegres.

Premio Lazarillo 2021

Ledicia Costas ven de recibir novamente o Premio Lazarillo de Creación Literaria pola súa novela xuvenil A lebre mecánica, converténdose na única persoa da historia do premio en gañalo en tres ocasións.

Premio Merlín 2021

Ledicia Costas recibíu o Premio Merlín de Literatura Infantil 2021 con O neno de lume, libro publicado pola Editorial Xerais.

Voyager

Ledicia Costas pasa a colaborar semanalmente co Faro de Vigo na nova sección “Voyager”. Cada domingo exporá a súa opinión sobre algún tema de actualidade.

Golpes de luz

O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven este melodrama, salvaxe e tenro, habitado por uns personaxes inesquecibles.

Series

Cabeceira de Os Minimortos

Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos

Criando malvas. Os Minimortos

Escola de salvaxes. Os Minimortos

O Día dos Vivos. Os Minimortos

Ai, que risa! Os Minimortos

Cabeceira da serie A Señorita Bubble

A Señorita Bubble

A Señorita Bubble. Baixo cero

A Señorita Bubble. Deus salve as raíñas

Cabeceira da serie Escarlatina

Escarlatina, a cociñeira defunta

Esmeraldina, a pequena defunta

Os arquivos secretos de Escarlatina