Sorteo!

ESTE ANO CELEBRO O DÍA DAS BIBLIOTECAS CUN SORTEO!

Existe mellor xeito de celebrar o Día das Bibliotecas que agasallando libros? Si, existe! Agasallando libros e unicornios🦄 😍💜

Se queres conseguir un exemplar asinado da miña nova novela A balada dos unicornios, galardoada co Premio Lazarillo, e un unicornio de madeira feito polas expertas mans de @latapadepulpo, só tes que seguir as instrucións:

✔Debes ter conta en Instagram e darlle “gústame” á publicación onde anuncio o sorteo.

✔Segue as contas de @latapadepulpo @edicionsxeraisdegalicia e @lediciacostas en instagram.

✔Deixa un comentario na publicación de Instagram etiquetando a dúas persoas a quen lles poida interesar este sorteo

⏰ O prazo está aberto desde hoxe ata as 22:00h. do día 24 de outubro, data na que se celebra o Día das Bibliotecas. Sortearei 10 unicornios e 10 exemplares asinados do libro! A que esperas para participar? Bule, que é de balde!

 


 

Facebooktwittergoogle_plusmailFacebooktwittergoogle_plusmail

ROTEIRO LITERARIO VERNIANO

O vindeiro sábado, a partir das 11:3o, terá lugar este roteiro literario organizado pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Tomando como base a obra “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta“, obra galardonada co Premio Lazarillo 2015, as persoas anotadas terán a oportunidade de coñecer o Vigo máis Verniano.

PRAZAS ESGOTADAS!

 

(Nota: En breve sairá convocado outro roteiro literario organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo).

Facebooktwittergoogle_plusmailFacebooktwittergoogle_plusmail