Sinaturas no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Moito aprezo lle teño a todo o equipo do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que hoxe abriu as súas portas. Este ano o lema é “O mundo que queremos“. Ao fío desta proposta,  o autor Antonio Manuel Fraga escribiu para o Salón a obra “Escaquis e Romeu”, ilustrada por Jacobo Fernández Serrano.

Entrar no Salón do Libro é viaxar polo universo de Escaquis e Romeu.  Por iso me fai tanta ilusión estar alí o vindeiro domingo día 12, ás 13:00h. Ademais, moi ben acompañada! Asinarei libros xunto cun auténtico trío de ases: os ilustradores Andrés Meixide, Víctor Rivas e Óscar Villán.

Así que xa sabedes, vinde cargados de Escarlatinas, Esmeraldinas, Extravaganzzas e, por suposto, Mulleres Planta! Vémonos o domingo ás 13:00h., no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Facebooktwittergoogle_plusmailFacebooktwittergoogle_plusmail

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *