Visita á Feira do Libro de Córdoba

O vindeiro martes día 28 visitarei a Feira do Libro de Córdoba. Alí, no Bulevar do Gran Capitán, terei un encontro con escolares arredor de Esmeraldina, a pequena defunta, Premio Fervenzas Literarias á mellor obra de literatura infantil de 2016. O evento celebra a súa 44ª edición, e contará coa presenza de autoras e autores como Care Santos, Fernando Aramburu, Cristina Fernández Cubas ou Alejandro Palomas. Agardo que sexa unha experiencia inesquecible. Vémonos polo sur!

Facebooktwittergoogle_plusmailFacebooktwittergoogle_plusmail

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *