PRÓXIMAS CITAS

   

SANTIAGO DE COMPOSTELA. PRESENTACIÓN NA LIBRARÍA NUMAX (Concepción Areal 9): xoves 6 de xuño ás 20:00h. Coa presenza de Prudencio Viveiro e de Ledicia Costas.

FEIRA DO LIBRO DE MADRID. Sábado 8 de xuño, sinatura na Caseta de Anaya (258)  de 12:00h. a 14: 00h. Domingo 9 de xuño, sinatura na caseta de Serendipias (67) de 11:00h. a 13:00h.

A CORUÑA. PRESENTACIÓN NA LIBRARÍA MOITO CONTO (Rúa San Andrés, 35): luns, 10 de xuño ás 19:30h. Coa presenza de Antonio M. Fraga, Fran Alonso e Ledicia Costas.

FEIRA DO LIBRO DE RIBEIRA. SINATURA: venres 14 de xuño ás      19:30h. na caseta da Libraría Cartabón.

FEIRA DO LIBRO DE CAMBADOS. SINATURA: venres 21 de xuño ás 19:30h. na caseta da Libraría Cartabón.

Facebooktwittergoogle_plusmailFacebooktwittergoogle_plusmail

Sorteo!

ESTE ANO CELEBRO O DÍA DAS BIBLIOTECAS CUN SORTEO!

Existe mellor xeito de celebrar o Día das Bibliotecas que agasallando libros? Si, existe! Agasallando libros e unicornios🦄 😍💜

Se queres conseguir un exemplar asinado da miña nova novela A balada dos unicornios, galardoada co Premio Lazarillo, e un unicornio de madeira feito polas expertas mans de @latapadepulpo, só tes que seguir as instrucións:

✔Debes ter conta en Instagram e darlle “gústame” á publicación onde anuncio o sorteo.

✔Segue as contas de @latapadepulpo @edicionsxeraisdegalicia e @lediciacostas en instagram.

✔Deixa un comentario na publicación de Instagram etiquetando a dúas persoas a quen lles poida interesar este sorteo

⏰ O prazo está aberto desde hoxe ata as 22:00h. do día 24 de outubro, data na que se celebra o Día das Bibliotecas. Sortearei 10 unicornios e 10 exemplares asinados do libro! A que esperas para participar? Bule, que é de balde!

 


 

Facebooktwittergoogle_plusmailFacebooktwittergoogle_plusmail

ROTEIRO LITERARIO VERNIANO

O vindeiro sábado, a partir das 11:3o, terá lugar este roteiro literario organizado pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Tomando como base a obra “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta“, obra galardonada co Premio Lazarillo 2015, as persoas anotadas terán a oportunidade de coñecer o Vigo máis Verniano.

PRAZAS ESGOTADAS!

 

(Nota: En breve sairá convocado outro roteiro literario organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo).

Facebooktwittergoogle_plusmailFacebooktwittergoogle_plusmail