Novidades

“Verne y la vida secreta de las mujeres planta”, publicada por Anaya, foi  seleccionada entre as mellores obras do 2016 de Literatura Infantil e Xuvenil, por ‘El Portal del Lector’, web da Rede de Bibliotecas da Comunidade de Madrid. Esta obra é a tradución ao castelán do Premio Lazarillo 2015 “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta“, editada por Xerais. O libro pode atoparse tamén en catalán, baixo o título de “Verne i la vida secreta de les dones planta”, da man da Editorial Barcanova. Unha alegría enorme figurar nesta selección de magníficos títulos! Podes acceder á ligazón premendo aquí.