Sorteo!

ESTE ANO CELEBRO O DÍA DAS BIBLIOTECAS CUN SORTEO!

Existe mellor xeito de celebrar o Día das Bibliotecas que agasallando libros? Si, existe! Agasallando libros e unicornios🦄 😍💜

Se queres conseguir un exemplar asinado da miña nova novela A balada dos unicornios, galardoada co Premio Lazarillo, e un unicornio de madeira feito polas expertas mans de @latapadepulpo, só tes que seguir as instrucións:

✔Debes ter conta en Instagram e darlle “gústame” á publicación onde anuncio o sorteo.

✔Segue as contas de @latapadepulpo @edicionsxeraisdegalicia e @lediciacostas en instagram.

✔Deixa un comentario na publicación de Instagram etiquetando a dúas persoas a quen lles poida interesar este sorteo

⏰ O prazo está aberto desde hoxe ata as 22:00h. do día 24 de outubro, data na que se celebra o Día das Bibliotecas. Sortearei 10 unicornios e 10 exemplares asinados do libro! A que esperas para participar? Bule, que é de balde!

 


 

Facebooktwittergoogle_plusmailFacebooktwittergoogle_plusmail