Esmeraldina, a pequena defunta

Portada do libro Esmeraldina, a pequena defunta

O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.

Ficha do libro

Ilustración: Víctor Rivas

Edicións Xerais, marzo 2016
Idioma: Galego
ISBN, papel: 978-84-9914-999-8
ISBN, epub: 978-84-9914-988-2

Premios

Premio Fervenzas 2016 ao Mellor Libro de Literatura Infantil
Recomendado pola “Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade” da Xunta de Galicia

Outras linguas

Esmeraldina, la pequeña fantasma

Castelán

Portada do libro Esmeraldina, la pequeña fantasma

Editorial Anaya infantil y juvenil, outubro 2016

Ilustración: Víctor Rivas

ISBN, papel: 978-84-698-2500-6
ISBN, epub: 978-84-698-2508-2

Maragdina, la petita fantasma

Catalán

Portada do libro Maragdina, la petita fantasma

Editorial Barcanova, marzo 2017

Ilustración: Víctor Rivas
Tradución: Elena Martín

ISBN: 978-84-489-4287-8

유령 요리사 2 – 유령의 탄생과 유령 사냥꾼

Coreano

Portada do libro ?? ??? 2 - ??? ??? ?? ???. Tradución ao coreano de Esmeraldina, a pequena defunta

분홍고래2019-10-18

레디시아 코스타스 (지은이),빅토르 리바스 (그림),김정하 (옮긴이)

ISBN: 979-11-858-7650-4

Esmeraldina, a pequena fantasma

Portugués

Portada do libro Esmeraldina, a pequena fantasma

Kalandraka editora, outubro 2021

Ilustración: Susa Monteiro
Tradución: Elisabete Ramos

ISBN, papel: 978-98-974-9152-8