Golpes de luz

Portada do libro Golpes de luz

17 de novembro
en librarías

Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo. Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para ela, volver á casa familiar supón enfrontarse a un pasado cheo de segredos que precisa desvelar.

O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven este melodrama, salvaxe e tenro, habitado por uns personaxes inesquecibles.

Ficha do libro

Edicións Xerais, 17 de novembro de 2021
Idioma: Galego
ISBN, papel: 978-84-1110-036-6
ISBN, epub: 978-84-1110-042-7

Outras linguas

Golpes de luz

Castelán

Portada do libro Golpes de luz, edición en castelán

Ediciones Destino, Novembro 2021

ISBN, papel: 978-84-233-6040-6
ISBN, epub: 978-84-233-6047-5