Inmundicia e Roñoso

Portada do libro Inmundicia e Roñoso

Estrela e Max andan nos colectores do lixo na procura de roupa e comida. Para os demais nenos do barrio non son Estrela e Max, senón Inmundicia e Roñoso, dada a sucidade que acumulan. Unha tarde, os nenos do barrio empúrranos dentro dun colector e atrancan a porta. Alí, Inmundicia e Roñoso descobren un mundo insólito onde cada obxecto agocha unha aventura (ás veces disparatada) que os axudará a sacar o mellor de si.

Ficha do libro

Ilustración: Laura Catalán Eraso

Editorial Tambre-Edelvives, 2015
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-9046-081-8