Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Portada do libro Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.

Ficha do libro

Ilustración: Mónica Armiño Yela

Edicións Xerais, xuño 2016
Idioma: Galego
ISBN, papel: 978-84-9121-070-2
ISBN, epub: 978-84-9121-065-8

Premios

Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2015
Premio Fervenzas 2016 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil
Premio Fervenzas 2016 Mellor Capa de LIX
Premio Gala do Libro Galego (Infantil/Xuvenil), 2017
Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2017
Recomendado pola “Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade” da Xunta de Galicia

Outras linguas

Verne y la vida secreta de las mujeres planta

Castelán

Portada do libro Verne y la vida secreta de las mujeres planta

Editorial Anaya, setembro 2016

Ilustración: Mónica Armiño Yela

ISBN, papel: 978-84-698-1680-6
ISBN, epub: 978-84-698-1681-3

La vita segreta delle Donne Fiore

Italiano

Portada do libro La vita segreta delle Donne Fiore. Tradución ao italiano de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.

Mondadori, xuño 2018

Ilustración: Mónica Armiño Yela
Tradución: S. Cavarero

ISBN: 978-88-046-8976-8

Верн и тайният живот на жените-растения

Búlgaro

Portada do libro Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, traducido ao búlgaro: https://www.booktrading.bg/vern-i-tainiqt-zhivot-na-zhenite-rasteniq

ТОНИПРЕС, 2018

Ilustración: Mónica Armiño Yela
Tradución: Ангелина Димитрова

ISBN: 978-61-970-0214-0

Jules Verne i el secret de les dones planta

Catalán

Portada do libro Jules Verne i el secret de les dones planta. Tradución ao catalán de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.

Barcanova editorial, novembro 2018

Ilustración: Mónica Armiño Yela
Tradución: Eva Lozano

ISBN, papel: 978-84-489-4884-9