O Día dos Vivos. Os Minimortos

Portada do libro O Día dos Vivos. Os Minimortos 4

A noite do Samaín é a máis importante do ano. A Bruxa Xefa celebra na súa casa unha festa de disfraces e convida só a algúns afortunados. Todos os habitantes do Outro Barrio agardan nerviosos polo seu convite mentres deseñan disfraces terroríficos para a ocasión. Pero, que será o que lles dá medo aos Minimortos? Un vampiro? Un lobishome? Un problema de matemáticas? E o máis importante: recibirán a agardada invitación da Bruxa Xefa ou quedarán sen festa?

Ficha do libro

Ilustración: Mar Villar

Serie Os Minimortos
Edicións Xerais, 21 de outubro de 2021
Idioma: Galego
ISBN, papel: 978-84-9121-989-7
ISBN, epub: 978-84-9121-996-5

Outras linguas

Día de Vivos. Minimuertos 4

Castelán

Portada do libro Día de Vivos. Minimuertos 4

Editorial Alfaguara IJ, outubro 2021

Ilustración: Mar Villar

ISBN, papel: 978-84-2045-689-8
ISBN, epub: 978-84-1891-504-8