Vampira de biblioteca

Portada do libro Vampira de biblioteca

Esta non é unha historia calquera. É a miña historia. Preguntarás quen son eu. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo. Así que se es desas persoas que non cre na existencia de criaturas coma min, é mellor que non abras este libro, que o coloques nun andel e te esquezas de todo isto para sempre. Fin. Ou tamén podes atreverte a continuar. Mais para iso debes darme unha mostra de confianza e pasar unha proba. Atréveste?

Ficha do libro

Ilustración: Víctor Rivas

Editorial Xerais, Marzo 2020
Idioma: Galego
ISBN, papel: 978-84-9121-651-3
ISBN, epub: 978-84-9121-658-2

Outras linguas

Vampira de biblioteca. El ataque polilla

Castelán

Portada do libro Vampira de biblioteca. El ataque polilla

Loqueleo, marzo 2020

Ilustración: Víctor Rivas

ISBN, papel: 978-84-9122-383-2