Ai, que risa! Os Minimortos 5

Portada do libro Ai, que risa! Os Minimortos 5

O oso Penoso non está a pasar o seu mellor momento. Nunca foi a alma da festa, pero agora está triste de verdade. Para tentar animalo, os Minimortos deciden multar a todos os habitantes do Outro Barrio que digan cousas que sexan o contrario de alegres. A pesar de todas as multas, Penoso segue sen levantar cabeza. Teñen que facer algo máis. A Pochiña ocórreselle unha idea: organizar un concurso de números cómicos no que poidan participar todos os habitantes do Outro Barrio. A quen gañe, levantaráselle a multa. Conseguirán que Penoso volva rir?

Ficha do libro

Ilustración: Mar Villar

Serie Os Minimortos
Edicións Xerais, setembro 2022
Idioma: Galego
ISBN, papel: 978-84-1110-145-5
ISBN, epub: 978-84-1110-163-9