Golpes de luz
Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo.
Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para ela, volver á casa familiar supón enfrontarse a un pasado cheo de segredos que precisa desvelar.
O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven este melodrama, salvaxe e tenro, habitado por uns personaxes inesquecibles. Unha novela sorprendente e divertida.
Ficha do libro
Edicións Xerais, novembro 2021
Idioma: Galego
ISBN, papel: 978-84-1110-036-6
ISBN, epub: 978-84-1110-042-7
Otros idiomas
Golpes de luz
Castelán
Ediciones Destino, 17 de novembro de 2021
ISBN, papel: 978-84-233-6040-6
ISBN, epub: 978-84-233-6047-5