Infamia

Portada do libro Infamia, edición en galego

Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir. Que foi das irmás Giraud? Están mortas? Se é así, quen as asasinou? Onde están agochados os seus corpos?Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana. Unha historia de amor, odio e loucura. Fiel á súa escrita, Ledicia Costas é quen de explorar o máis recóndito da alma humana ofrecéndonos unha novela poderosa e adictiva.

Ficha do libro

Edicións Xerais, maio 2019
Idioma: Galego
ISBN, formato papel: 978-84-9121-536-3
ISBN, epub: 978-84-9121-537-0

Outras linguas

Infamia

Castelán

Portada do libro Infamia, edición en castelán

Ediciones Destino, outubro 2019

ISBN, papel: 978-84-233-5640-9
ISBN, epub: 978-84-233-5655-3
ISBN, audiolibro: 978-84-233-5791-8