O corazón de Xúpiter

Portada do libro O corazón de Xúpiter

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.

Ficha do libro

Edicións Xerais, setembro 2012
Idioma: Galego
ISBN, papel: 978-84-9914-433-7
ISBN, epub: 978-84-9914-586-0

Premios

Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2012
Premio Asoc. de Escritores en Lingua Galega (Infantil/Xuvenil), 2012

Outras linguas

El corazón de Júpiter

Castelán

Portada do libro El corazón de Júpiter

Anaya infantil y juvenil, febreiro 2018

Tradución: María Jesús Fernández Fernández

ISBN, papel: 978-84-698-3599-9
ISBN, epub: 978-84-698-3650-7

Heart of Jupiter

Inglés

Portada do libro Heart of Jupiter. Tradución ao inglés do libro O corazón de Xúpiter.

Small Stations Press, maio 2016

Tradución: Jonathan Dunne

ISBN: 978-954-384-049-6