O neno de lume

Morgan é un neno peculiar. De bebé apareceu nunha cesta diante da casa da señora Culpepper xunto cunha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa. Busquen a casa das tres irmás e díganlles que son o neno de lume». Sobre o seu ombro dereito sempre vai Luminaria, unha pequena chama que só el pode ver e con quen pode falar. Unha mañá, a cidade aparece cuberta por unha mesta néboa que non dá levantado. Sen rastro do sol, Luminaria vaise apagando devagar. A señora Culpepper lembra a nota que traía Morgan, e o neno prepárase para iniciar unha viaxe máis alá da néboa. Só se atopan a casa das tres irmás Luminaria poderá sobrevivir. O que non imaxinan é quen son en realidade esas tres mulleres. Un novo universo literario de Ledicia Costas con aroma a conto clásico.
Ficha do libro
Ilustración: Iván R.
Edicións Xerais, marzo 2022
Idioma: Galego
ISBN, papel: 978-84-1110-084-7
ISBN, epub: 978-84-1110-078-6
Premios
Premio Merlín de Literatura Infantil 2021
Outras linguas
El niño de fuego
Castelán
ANAYA Infantil y Juvenil, maio 2022
Ilustración: Ivan R.
ISBN, papel: 978-84-143-1743-3
El nen de foc
Catalán
Barcanova editorial, outubro 2022
Ilustración: Ivan R.
Tradución: Eva Lozano
ISBN, papel: 978-84-489-5542-7