Recinto Gris

Portada do libro Recinto Gris

Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.

Ficha do libro

Edicións Xerais, febreiro 2014
Idioma: Galego
ISBN, papel: 978-84-9914-608-9
ISBN, epub: 978-84-9914-548-8

Premios

Lista do IBBY dos mellores libros para xoves con discapacidade 2015