Biografía
Nacín unha tarde de setembro. De pequena, o que máis me gustaba era ler, arrincar os cables das bonecas e visitar cemiterios. Estudei Dereito e exercín algún tempo coma avogada, pero desde hai xa moitos anos dedícome por completo á literatura, profesión que me fai moi feliz. Gústanme as historias de meigas, pantasmas e do Alén Mundo. Tamén me gusta xogar a videoxogos, ir ao cine e comer xeados. Son unha lectora apaixonada, por iso me convertín en escritora. É imposible saber cantas historias me quedan por escribir; agardo que varias ducias!
Os mellores libros son os que se escriben coa cabeza pero, sobre todo, co corazón.