Ledicia Costas

Nacín unha tarde de setembro. De pequena o que máis me gustaba era ler, arrincarlle os cables ás bonecas e visitar cemiterios.
Gústanme as historias de meigas, pantasmas e mortos.

Non sei cantas historias me quedan por escribir. Agardo que varias ducias. A miña intención é seguir dando o mellor de min en cada libro. Porque as mellores historias son as que se escriben coa cabeza pero, sobre todo, co corazón.

Golpes de luz

O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven este melodrama, salvaxe e tenro, habitado por uns personaxes inesquecibles.

O 17 de novembro nas librarías.

 

Nova entrega de Os Minimortos

A noite do Samaín é a máis importante do ano. A Bruxa Xefa celebra na súa casa unha festa de disfraces e convida só a algúns afortunados…

O Día dos Vivos chega o 21 de outubro ás librarías.

Series

Cabeceira de Os Minimortos

Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos

Criando malvas. Os Minimortos

Escola de salvaxes. Os Minimortos

O Día dos Vivos. Os Minimortos

Cabeceira da serie A Señorita Bubble

A Señorita Bubble

A Señorita Bubble. Baixo cero

Cabeceira da serie Escarlatina

Escarlatina, a cociñeira defunta

Esmeraldina, a pequena defunta

Os arquivos secretos de Escarlatina