A lebre mecánica

As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos… Non querían separarse nunca.

Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empezou a ir en serio coas apostas semella outro. O que antes era pura diversión converteuse nun pesadelo.

Case sen decatarse, Corvo acaba metido nunha rede de problemas da que semella imposible saír.

Ficha técnica

978-84-1110-149-3

Español e galego

186

Edicións Xerais de Galicia

Fora de xogo

13 de outubro do 2022

A partir de 12 anos