Escarlatina, a cociñeira defunta

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu un megasusto: un cadaleito acompañado dun sobre onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés.

A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén.

Unha historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

Ficha técnica

  978-84-1110-359-6

 Español, galego, catalán, portugués, checo, coreano e persa

 176

 Edicións Xerais de Galicia

 Merlín

  26 de setembro de 2014

  A partir de 11 anos