A lebre mecánica

Portada do libro A lebre mecánica
As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos… Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empezou a ir en serio coas apostas semella outro. O que antes era pura diversión converteuse nun pesadelo. Case sen decatarse, Corvo acaba metido nunha rede de problemas da que semella imposible saír.

Ficha do libro

Edicións Xerais, outubro 2022
Idioma: Galego
ISBN, papel: 978-84-1110-149-3
ISBN, epub: 978-84-1110-184-4

Premios

Premio Lazarillo de Creación Literaria 2021

Outras linguas

La liebre mecánica

Castelán

Portada do libro La liebre mecánica

ANAYA Infantil y Juvenil, outubro 2022
Tradución: María Reimóndez Meilán

ISBN, papel: 978-84-143-3312-9