Os arquivos secretos de Escarlatina

Portada do libro Os arquivos secretos de Escarlatina

A que xogan os defuntos os xoves pola noite no mausoleo de Escarlatina? Lograría a cociñeira montar o seu propio restaurante? Quen goberna no Alén na actualidade? Quen foi o verdadeiro asasino de Amanito? Son moitas as preguntas que flotan no ar, entre as tumbas dos defuntos. “Os arquivos secretos de Escarlatina” é un libro para mentes curiosas. Unha obra onde a escritora e mais o ilustrador interactúan co público. Receitas terroríficas, un espectáculo de circo e diversos contidos extra reunidos nun volume pensado, ademais de para ler, para xogar e afondar no universo de Escarlatina, a cociñeira defunta.

Ficha do libro

Ilustración: Víctor Rivas

Edicións Xerais, novembro 2017
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-9121-309-3

Outras linguas

Los archivos secretos de Escarlatina

Castelán

Editorial Anaya, outubro 2018

Ilustración: Víctor Rivas

ISBN: 978-84-698-4732-9

Els arxius secrets de l’Escarlatina

Catalán

Portada do libro Els arxius secrets de l’Escarlatina

Editorial Barcanova, outubro 2018

Ilustración: Víctor Rivas
Tradución: Elena Martín

ISBN: 978-84-489-4665-4